ricardo de barreiro

artista desde 1997

1/1

Boas, son Ricardo de Barreiro, un illote humano que vive e crea de xeito autodidacta.

Comecei a miña vida artística no ano 1997 entre as paredes sen recebar dun pequeno espazo cedido por Paca, miña nai, e por Ricardo, meu pai. Desde alí, desde o pequeno e o íntimo, fun navegando a contracorrente e arribando a portos de todo tipo. Fixen series televisivas, películas que veu todo o mundo ou que non veu ninguén, pezas de teatro que me cambiaron por dentro e por fóra, contadas en bares que me fixeron medrar a marchas forzadas, exposicións en centros sociais e en lugares cando menos alternativos, moitos textos para saír a flote, e dous libros publicados sobre o desamor e tamén sobre algo moito máis suxestivo e bravío: o amor.

No ano 2018 expoño por primeira vez nunha galería feita á miña medida: Os catro gatos, en Compostela. E todo cambia. A partir daí, con ilusión e vertixe a partes iguais, comezo o camiño de regreso para volver a min, ao meu espazo aínda en ladrillo no que todo comezou tempo atrás, para recebar todas e cada unha das paredes que me constrúen por dentro.

E niso ando.

Buenas, soy Ricardo de Barreiro, un islote humano que vive y crea de forma autodidacta.

Comecé mi vida artística en el año 1997 entre las paredes sin recebar de un pequeño espacio cedido por Paca, mi madre, y por Ricardo, mi padre. Desde allí, desde lo pequeño y lo íntimo, fui navegando a contracorriente y arribando a puertos de todo tipo. He hecho series televisivas, películas que ha visto todo el mundo o que no ha visto nadie, piezas de teatro que me han cambiado por dentro y por fuera, contadas en bares que me han hecho crecer a marchas forzadas, exposiciones en centros sociales y en lugares cuando menos alternativos, muchos textos para salir a flote, y dos libros publicados sobre el desamor y también sobre algo mucho más sugerente y bravío: el amor.

En el año 2018 expongo por primeira vez en una galería hecha a mi medida: Os catro gatos, en Compostela. Y todo cambia. A partir de ahí, con ilusión y vértigo a partes iguales, comienzo el camino de regreso para volver a mí, a mi espacio todavía en ladrillo en el que todo empezó tiempo atrás, para recebar todas y cada una de las paredes que me construyen por dentro.

Y en eso ando.

A+A.Performance.

Escena.

Actor.

Escena.

Ricardo de Barreiro

Amores Autodidactas.

Plástica.

Ricardo de Barreiro

Illotes.

Plástica.

Ricardo de Barreiro

Desamor.

Escrita.

contacto

© Ricardo de Barreiro