ricardo de barreiro
A+A
Unha viaxe extraordinaria pola marea máis suxestiva e bravía: o amor./
Un viaje extraordinario por la marea máis sugerente y bravía: el amor.
1ª Edición 2018
2ª Edición 2019
Ilustracións/ilustraciones & textos
RdeB
Gravación/grabación poemas & ambientación sonora
Guillerme Fernández
Edición
Ricardo de Barreiro
Maquetación
ti+eu
Impresión & encadernación
Norprint
800 exemplares/ejemplares vendidos







"Perigo:
Isto vai collendo forma
e xa non é un esbozo.
A cada mancha sobre o lenzo
ollando para ti
espido,
a cada pose enredada
de modelo favorito,
a cada postura
contorsionista,
a cada noite de combate
na cama,
a cada espertar
apinochado,
a cada alento recuberto de sal
que che entrego
e que me dás
síntome profundamente adicto.
Agarro os pinceis,
con forza,
e trémame o pulso
de tanto sentirte
dentro de min.
Esta cobardía,
esta falta de tacto
para expresarme,
estes acrílicos que me enzoufan
de pracer
e de medo
a sufrir
ameazan con encartar o meu cabalete.
¿Que fago?."
SOBRE O DESAMOR E OUTRAS MARICONADAS
Un poemario ilustrado para cicatrizar as feridas do mundo que nos toca vivir./
Un poemario ilustrado para cicatrizar las heridas del mundo que nos toca vivir.
1ª Edición 2013
© Toxosoutos S.L.
© Ricardo de Barreiro
Ilustracións/ilustraciones & textos
RdeB
Edición
Toxosoutos S.L.
Maquetación
Gráficas Sementeira
Impresión & encadernación/encuadernación
Gráficas Sementeira
Exemplares esgotados/ejemplares agotados



