top of page
RdeB

ricardo de barreiro

A+A

Unha viaxe extraordinaria pola marea máis suxestiva e bravía: o amor./

Un viaje extraordinario por la marea máis sugerente y bravía: el amor.

1ª Edición 2018

2ª Edición 2019

Ilustracións/ilustraciones & textos

RdeB

Gravación/grabación poemas & ambientación sonora

Guillerme Fernández

Edición

Ricardo de Barreiro

Maquetación

ti+eu

Impresión & encadernación

Norprint

800 exemplares/ejemplares vendidos

A+A
A+A
A+A
A+A
A+A
A+A
A+A

"Perigo:

Isto vai collendo forma 

e xa non é un esbozo.

A cada mancha sobre o lenzo

ollando para ti

espido,

a cada pose enredada

de modelo favorito,

a cada postura 

contorsionista,

a cada noite de combate

na cama,

a cada espertar

apinochado,

a cada alento recuberto de sal

que che entrego

e que me dás

​síntome profundamente adicto.

Agarro os pinceis,

con forza,

e trémame o pulso 

de tanto sentirte

dentro de min.

Esta cobardía,

esta falta de tacto

para expresarme,

estes acrílicos que me enzoufan

de pracer 

e de medo

a sufrir

ameazan con encartar o meu cabalete.

¿Que fago?."

SOBRE O DESAMOR E OUTRAS MARICONADAS

Un poemario ilustrado para cicatrizar as feridas do mundo que nos toca vivir./

Un poemario ilustrado para cicatrizar las heridas del mundo que nos toca vivir.

1ª Edición 2013

© Toxosoutos S.L.

© Ricardo de Barreiro

Ilustracións/ilustraciones & textos

RdeB

Edición

Toxosoutos S.L.

Maquetación

Gráficas Sementeira

Impresión & encadernación/encuadernación

Gráficas Sementeira

Exemplares esgotados/ejemplares agotados

Desamor
Desamor
Desamor
Desamor

"Houbo un tempo

tolo,

tanto que voei por primeira vez

sen anestesia,

ata aterrar en Bélxica.

 

Houbo un sunami de calor.

Morreu xente derretida

en planetas extraños.

E eu,

espido,

derreténdome por ti,

amoseiche os meus frigo-pés

de pingüino,

e rícheste cos meus movementos

antárticos

entre tanta calor.

Mentres,

aplicadiño ti,

chupábasme

ata quedarme nun pauíño

con premio.

E a xente continuaba morrendo...

E Europa de luto.

E ti e máis eu

de alivio."

contacto

© Ricardo de Barreiro

bottom of page