ricardo de barreiro
A+A. PERFORMANCE
Unha viaxe extraordinaria pola marea máis suxestiva e bravía: o amor./
Un viaje extraordinario por la marea máis sugerente y bravía: el amor.
Esta é a historia de dous peixiños autodidactas aprendendo a amar, dous seres anónimos que deciden contar a súa propia historia anónima de amor.
E xa son 700 *s mariñeir*s que surcan esta marea canda nós!
E xa van alá máis de 1000 espectador*s!
E xa é unha realidade a SEGUNDA EDICIÓN DE A+A!
MIL GRACIAS!
A performance-presentación tén unha duración aproximada de 1h15m dividida en dúas partes: unha primeira parte na que, de xeito informal e distendido, se explica o porqué e cómo se fixo este audio-caderno de artista, e unha segunda parte na que, despois de apagar todas as luces do espazo, faise unha lectura dos poemas de A+A dun xeito intimista e emocionante.
Necesitamos un espazo interior con capacidade para 40 persoas como máximo. Este espazo deberá ter a posibilbidade de quedar a escuras (ou en penumbra). Así mesmo deberá ser un espazo acolledor e libre de barullo.
Tamén necesitamos unha mesa, unha toma de corrente, e cadeiras encartables ou fáciles de mover para toda a xente asistente. Estas cadeiras disporanse no espazo ao inicio da performance a gusto do propio artista.
Importante. Esta viaxe é para público adulto.
Máis nada. Moitas gracias pola atención.
Boa travesia!
contacto
© Ricardo de Barreiro