RdeB

ricardo de barreiro

A+A. PERFORMANCE

Unha viaxe extraordinaria pola marea máis suxestiva e bravía: o amor.

Un viaje extraordinario por la marea más sugerente y bravía: el amor.

A+A

Esta é a historia de dous peixiños autodidactas aprendendo a amar, dous seres anónimos que deciden contar a súa propia historia anónima de amor sabendo que, ás veces nesta marea, o máis fácil é naufragar.

E xa son máis de 500 *s mariñeir*s que surcan esta marea canda nós!

E xa van alá máis de 700 espectador*s!

E xa é unha realidade a SEGUNDA EDICIÓN DE A+A!

MIL GRACIAS!

Foto Noia 01.png

A performance-presentación tén unha duración aproximada de 1h15m dividida en dúas partes: unha primeira parte na que, de xeito informal e distendido, se explica o porqué e cómo se fixo este audio-caderno de artista, e unha segunda parte na que, despois de apagar todas as luces do espazo, faise unha lectura dos poemas de A+A dun xeito intimista e emocionante. 

Foto Noia 07.png
Foto Noia 03.png

Necesitamos un espazo interior con capacidade para 40 persoas como máximo. Este espazo deberá ter a posibilbidade de quedar a escuras (ou en penumbra(). Así mesmo deberá ser un espazo acolledor e libre de barullo.

Tamén necesitamos unha mesa, unha toma de corrente, e cadeiras encartables ou fáciles de mover para toda a xente asistente. Estas cadeiras disporanse no espazo ao inicio da performance a gusto do propio artista.

Foto Noia 06.png
Foto Noia 02.png

Importante. Poderemos vender os exemplares do audio-libro con total liberdade e sen pagar ningunha porcentaxe das vendas.

*Esta viaxe só é apta para público adulto.

Foto Noia 04.png
Foto Noia 05.png

Máis nada. Moitas gracias pola atención.

Boa travesia!

contacto

© Ricardo de Barreiro